Evento: Foot (Unha historia Palestina)

Foot (Unha historia Palestina)
venres, 24 abril, 2026 - 21:00
Teatro Lauro Olmo,
O Barco de Valdeorras

Foot (Unha historia Palestina)

Monólogo poético e cómico a cargo de Fran Rei

Pallasos en Rebeldía presenta FOOT. Inspirada por eventos reais, FOOT é un monólogo poético, cómico e surrealista na voz dun futbolista palestino quen nos conta o imposible camiño do seu equipo para clasificar á Copa Mundial; un camiño de controis militares, exilio, corrupción e morte. Escrita polo dramaturgo palestino - americano Ismail Khalidi, dirixida por Iván Prado e protagonizada por Fran Rei, na natureza de FOOT está a natureza de Pallasos en Rebeldía. Isto é, sensibilizar á cidadanía desde a cultura sobre as terribles situacións que están a sufrir pobos que padecen opresión e, na medida do posible, abrir procesos de esperanza e transformación desde o país cara eses mesmos territorios en conflito, mediante accións que entenden a arte como linguaxe universal, impulsando valores sociais e políticos a través do teatro e o circo.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

MR.BO El niño que nunca escuchó un ¡NO!
30 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Os dous de sempre
Os dous de sempre. O regreso
30 de maio, 20:30
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña
Un deus salvaxe
Un deus salvaxe
31 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Hernán Naval - Ribadeo - Lugo
Se as árbores falasen
4 de xuño, 18:30
Sala Bahía - Foz - Lugo