Evento: Bagaxe

Bagaxe
sábado, 18 abril, 2026 - 20:00
Auditorio Municipal,
Vigo
Espectáculo teatral a cargo de Pistacatro Productora de Soños

As emocións, vivencias, ilusións, experiencias, en definitiva, a bagaxe da humanidade está cargada en 60 maletas, custodiadas por un pallaso e unha pallasa. Arturo Cobas “Nono” e Natalia Outeiro “Pajarito” únense para crear o espectáculo cómico das súas vidas, onde cada maleta contén unha sorpresa, unha historia, unha nova aventura por descubrir. Máis ¿qué pode sair mal cando se trata dunha combinación tan explosiva coma a de dous artistas coa sua propia bagaxe emocional? Seredes testemuña dunha viaxe única onde a comedia e a emoción se mesturan cunha explosión de creatividade. Pero sempre haberá unha incerteza: ¿qué acontecerá cando abran a seguinte maleta?

 

Ficha artística

Autor: Arturo Cobas

Dirección: Marcos Carballido

Adaptación: Arturo Cobas/Natalia Outeiro

Escenografía: Arturo Cobas

Deseño son: Arturo Cobas

Deseño iluminación: As Dúas e Punto

Vestiario: Neme Vázquez

Música: Ignacio Muñoz

Coreografía: Arturo Cobas/ Natalia Outeiro / Marcos Carballido

Elenco artístico: Natalia Pajarito e Arturo Cobas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

MR.BO El niño que nunca escuchó un ¡NO!
30 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Os dous de sempre
Os dous de sempre. O regreso
30 de maio, 20:30
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña
Un deus salvaxe
Un deus salvaxe
31 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Hernán Naval - Ribadeo - Lugo
Se as árbores falasen
4 de xuño, 18:30
Sala Bahía - Foz - Lugo