Evento: Castelao, un corazón á intemperie

  • castelao, un corazón a intemperie
Castelao, un corazón á intemperie
sábado, 7 marzo, 2026 - 18:00
Auditorio Municipal Manuel María,
O Carballiño

Castelao, un corazón á intemperie

Espectáculo de teatro a cargo de Fantoches Baj

CASTELAO, UN CORAZÓN Á INTEMPERIE é a unha produción de Fantoches Baj para público infantil e familiar, unha proposta de narración oral, monicreques, música tradicional e teatro de máscaras que busca dar a coñecer a Castelao entre as nenas e os nenos, reler e interpretar parte da súa obra e poñer en valor o galego.

Após a morte de Castelao o 7 de xaneiro de 1950, nun tempo no que en Galicia non era posible chorar a súa perda, o dramaturgo e director de escena Daniel Varela Buxán decide render, nun acto privado diante da súa veciñanza, a súa particular homenaxe ao rianxeiro.

Varela Buxán fora o encargado de dirixir Os vellos non deben de namorarse na súa estrea absoluta en 1941 en Bos Aires e, a partires de aí, mantivo unha fonda amizade con Castelao. Por iso, para homenaxealo, Varela Buxán colocarase nun pequeno escenario onde trazará  brevemente a peripecia vital de Castelao deténdose naqueles momentos literarios e artísticos que considera máis significativos. Entre outros, representará con monicreques parte da súa obra: contos de Cousas (Panchito e a Marquesiña); narracións de Retrincos (Sabela e O inglés), escenas de Os vellos non deben namorarse e o monólogo do esquelete en Un ollo de vidro.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

o profesor bromera
El Profesor Bromera
2 de maio, 12:30
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra
Dedín, dedín, dedal
2 de maio, 18:00
Casa da Cultura de Burela - Burela - Lugo
Transeúnte
2 de maio, 20:30
Auditorio Casa da Cultura de Vimianzo - Vimianzo - A Coruña
MR.BO El niño que nunca escuchó un ¡NO!
3 de maio, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo