Evento: Armonías de Werckmeister

Armonías de Werckmeister
venres, 13 febreiro, 2026 - 19:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Armonías de Werckmeister

Béla Tarr, Ágnes Hranitzky, 2000

Un espectáculo ambulante chega a unha vila húngara coa atracción "a balea máis grande do mundo". Pronto corre o rumor de que un príncipe estranxeiro os acompaña. Mais o príncipe non se amosa nunca e a decepción leva de modo inexplicable a que a poboación masculina do lugar, nerviosa e en paro, asalte o hospital. Rodada en distintas etapas, con moitos operadores e decorados, unha das grandes obras mestras do cine de Béla Tarr, capaz de revolucionar a secuencia narrativa e o punto de vista do libro de Krasznahorkai La melancolía de la resistencia, obtendo a súa película máis alegórica e á vez directa, un balance aterrador e fascinante dunha histórica limpeza étnica onde a medida lonxitude dos planos responde como un eco ás frases faulknerianas da novela.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

La ley del más fuerte
2 de maio
Filmoteca de Galicia
Programa 1 | Homo e-sapiens
5 de maio
Filmoteca de Galicia
La ley del más fuerte
5 de maio
Filmoteca de Galicia
West Indies
6 de maio
Filmoteca de Galicia