Evento: Aluméame: os candís e as candeas

  • Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Alumear
  • Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Aluméame: os candís e as candeas
sábado, 21 marzo, 2026 - 11:30
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

Aluméame: os candís e as candeas

Obradoiros mensuais para que a xente nova se divirta mentras coñece o patrimonio cultural

O Museo ofrece os OBRADOIROS CREATIVOS, obradoiros mensuais deseñados para que nenos e nenas de 6 a 12 anos exploren, creen e se divirtan mentres conectan co noso patrimonio.

Cada obradoiro é unha oportunidade para descubrir técnicas tradicionais, transmitir saberes ancestrais e valorar as nosas raíces a través da experimentación e o xogo.

DATAS E TEMÁTICAS:

-21 de marzo: Aluméame: os candís e as candeas

Neste obradoiro tratarase de coñecer o mundo da luz e o lume a través dos coñecementos populares vencellados á elaboración e uso das candeas, e a súa importancia na vida cotiá.  

Actividade:

- Coñecemento das ceras naturais e os seus usos

- Elaboración dunha candea artesanal

- Personalización de aromas

- Pequenos experimentos arredor da luz

O resto dos obradoiros son:

-31 de xaneiro: Tinguidos naturais

- 28 de febreiro: ExpresArte

-18 de abril: Perfumes da natureza

-16 de maio: Cianotipia, as primeiras fotografías

Terán unha duración aproximada de 1h 30 minutos.  

As prazas estarán limitadas a 15 participantes por obradoiro.

A inscrición é flexible, poidendo apuntarse a un ou varios obradoiros, segundo a disposición e interese. O prazo de inscrición pecha 3 días antes da data de cada obradoiro. 

Para consultas:

reservas@xeitura.com

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Rosalía
21 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiro de Xogos de mesa na Sala Infantil
21 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense