Evento: Que como o sol sexa o meu verso

Que como o sol sexa o meu verso
luns, 16 marzo, 2026 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Que como o sol sexa o meu verso

Obradoiro de creación poética da man de Apiario

Celebramos o Día da Poesía co obradoiro de creación poética Que como o sol sexa o meu verso da man de Apiario. Que como o sol sexa o meu verso son palabras do poeta Miguel Hernández e con elas poñemos nome a este obradoiro. Unha proposta na que converxen o descubrimento do poético e da experiencia literaria a través da lectura activa, o comentario en grupo e unha proposta práctica para a escrita.

Nas súas tres horas de duración atravesaremos unha unidade de lectura especificamente deseñada para mergullar no extraordinario, no efémero, no misterio, no arroubo e sucar o emoción, o silencio, os ocos, a memoria. Pezas angulares e ferramentas que nos leven á escritura, mais tamén a ampliar a capacidade lectora e crítica. Alimentarse na fascinación que provoca a palabra. 

Apiario é un proxecto literario onde se tecen obradoiros de escrita e cursos de formación cun selo editorial independente. Factoría onde esmelgar ao redor da palabra. Laboratorio que deseña contextos para a creación. 

Para 15 persoas adultas. Inscrición a través do seguinte formulario: https://bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/formulario-de-inscricion-no-obradoiro-de-creacion-poetica-que-como-o-sol-sexa-o-meu-verso-da-man-de-apiario

 

 

 

Máis eventos do ciclo Día da poesía

Imaxe
A poesía tamén conta
21 de marzo, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Imaxe
Mañás poéticas
25 de marzo, 10:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña