Evento: Tromsø

  • Tromsø
Tromsø
xoves, 5 marzo, 2026 - 21:00
Teatro Principal ,
Pontevedra
Un espectáculo teatral de Morraoconto

Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.

Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando entre tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.

 

Ficha artística

Autoría: Rafa Martínez

Dirección: Rafa Martínez (texto e dramaturxia), Esther Latorre (dirección de movemento)

Elenco: Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga

Escenografía: Morraoconto, José Faro "Coti"

Iluminación: José Faro "Coti"

Vestiario: Morraoconto, Ana Gesto

Música: Julia Ammerman (piano), Lucía Iglesias (violonchelo)

Axudante de dirección: Clara Martín

Máscaras: Rafa Rey

Animacións, deseño e imaxe gráfica: Rafa Martínez

Cámara e corrección de cor: Román Sanín

 

A PARTIR DE 16 ANOS

TEATRO, DANZA, MÚSICA EN DIRECTO, MÁSCARAS

80 MINUTOS

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O autoestopista intergaláctico
3 de abril, 16:45
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 10:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
alta_costura
Alta costura
9 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo