Evento: Territorio Regueifa

  • Territorio Regueifa
Territorio Regueifa
sábado, 23 maio, 2026 - 20:30
Casa da Cultura,
Burela
Un espectáculo de Ainé en coprodución co Centro Dramático Galego e FIOT de Carballo

Territorio regueifa é un espectáculo de humor, música e improvisación, no que dous regueifeiros e unha regueifeira introdúcennos na arte da regueifa, as súas orixes, a súa evolución, e a súa vixencia na actualidade. O espectáculo combina a parte narrada coa recreación de distintas escenas teatrais, como a primeira regueifa da historia, a incorporación da muller no mundo da improvisación rimada, ou como sería un telexornal da Galega feito en verso. O público tamén participará de forma activa recibindo unha clase de iniciación á improvisación oral cantada, que rematará cunha gran festa musical.

 

Ficha artística

Dirección: José L. Prieto

Escenografía: Banale

Vestiario: Laura Baena

Música: Santi Jul e Iván Laxe

Elenco: Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Sabes que las flores de plástico nunca han vivido, ¿verdad?
22 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
Made in Galiza
22 de maio, 20:30
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
MR.BO El niño que nunca escuchó un ¡NO!
30 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Os dous de sempre
Os dous de sempre. O regreso
30 de maio, 20:30
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña