Evento: Teatro de papel

  • Teatro de papel
Teatro de papel
sábado, 25 abril, 2026 - 12:30
Teatro Principal,
A Estrada
Espectáculo teatral a cargo de Rauxa Cía

TEATRO DE PAPEL é un espectáculo de circo contemporáneo que a través dunha bagaxe de marionetas extraordinarias, o clown e o teatro físico, busca reivindicar o poder da imaxinación.
 
TEATRO DE PAPEL é unha persoa na súa soidade, é unha festa sen festexo, un monodiálogo onde a imaxinación alixeira o peso da soidade para dar paso a un mundo poético e onírico.
 
É unha pausa, un erro dentro dun sistema acelerado. Un momento suspendido no tempo onde o mundo detense e a poesía danza.

 

Ficha artística

Autoría: Rauxa

Dirección: Xavi Sánchez y Analía Serenelli

Música: Jesús Acebedo

Elenco artístico: Xavi Sánchez

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Monstros no camiño
27 de xuño, 19:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra