Evento: Reconversión

  • Reconversión
Reconversión
venres, 6 marzo, 2026 - 20:30
Teatro Principal da Estrada,
A Estrada
Un espectáculo teatral a cargo de Ibuprofeno Teatro

Reconversión é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.

Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.

Reconversión  unha viaxe desde a posguerra ata o“Felipismo” dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.

 

Autoría: Santiago Cortegoso

Dirección: Santiago Cortegoso

Escenografía: Pablo Giráldez 'O Pastor'

Deseño iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio

Vestiario: Marián Bañobre

Música: Alonso Caxade

Coreografía: Armando Martén

Elenco artístico: Artur Abad, Cristina Collazo, Santiago Cortegoso, César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu, Nani Matos

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A Historia Vaxenial
A historia vaxenial
12 de marzo, 20:15
Edificio Multiúsos - Monforte de Lemos - Lugo
La desconquista
La desconquista
12 de marzo, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Los dos hidalgos de Verona 
13 de marzo, 20:00
Teatro Principal de Ourense - Ourense - Ourense
senores_que_din
Señores que din
13 de marzo, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra