Evento: Ninguén tira fotos nos enterros

  • ninguen_tira_fotos_nos_enterros
Ninguén tira fotos nos enterros
venres, 16 xaneiro, 2026 - 20:30
Teatro Rosalía Castro,
A Coruña

Ninguén tira fotos nos enterros

Un espectáculo teatral de Carlota e Compañía

Como explicamos aquilo inexplicable na infancia? Evitamos falarlles da morte para lles protexer? A quen estamos a protexer?

Unha nena de 11 anos asiste, nun mesmo día, a súa primeira voda e ao seu primeiro enterro. Os mesmos personaxes participan en ámbolos dous eventos: de loito pola mañá, de traxe de cores pola tarde; na mañá chorando e na tarde facendo festa. Ninguén tira fotos nos enterros recrea as instantáneas que esa nena de once anos tomou no enterro da súa avoa cunha cámara desbotable, para abordar, con tenrura e humor, a cuestión de como lle falamos da morte á cativada. Se é que lles falamos diso.

Unha auto-ficción con interacción do público e procesos de fotografía en vivo (cianotipia, fotografía analóxica, cámara estenopeica.)

 

Autora: Carlota Mosquera

Dirección: Carlota Mosquera

Adaptación: Carlota Mosquera

Escenografía: Sol Álvarez Neme Vázquez

Deseño sonoro: Sergio Alfonso Agra

Deseño iluminación: Ángel Sousa

Vestiario: Neme Vázquez

Música: Sergio Alfonso Agra

Coreografía: Marta Alonso tejada

Elenco artístico: Carlora Mosquera e Sol Álvarez

 

Duración: 60 min

Público: a partir de 11 anos

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Concerto tributo 'Lembra Xabarín'
12 de abril, 17:30
Auditorio Municipal de Goián - Tomiño - Pontevedra
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril, 18:00
Multiúsos da Xunqueira - Redondela - Pontevedra
Crisálida
12 de abril, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
o_libro_da_selva
O libro da selva. O musical
12 de abril, 18:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo