Evento: Maker maxia
Maker maxia
PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.
Maker Maxia combina maxia, creatividade e filosofía maker para crear trucos únicos, transformando ideas en realidade con enxeño e imaxinación.
Maker Maxia é un proxecto educativo e creativo no que as e os participantes se mergullan no mundo da maxe desde unha perspectiva innovadora. Ao longo da actividade aprenderán a realizar diferentes trucos clásicos de maxia, entendendo os principios que os fan posibles. Ademais, irán un paso máis alá ao deseñan e crear os seus propios xogos, empregando ferramentas de fabricación dixital como impresoras 3D e outros recursos maker. Deste xeito, desenvolverán habilidades técnicas e creativas, combinando aprendizaxe práctica coa experimentación.
Maker Maxia promove a autonomía, o pensamento crítico e a capacidade de transformar ideas imaxinativas en obxectos reais, facendo que cada creación sexa única e personalizada. A maxia convértese así nun vehículo para explorar a creatividade, a tecnoloxía e o espírito maker.
Público infantil de 8 a 11 anos
Espazo de obradoiros da Biblioteca
2 quendas:
Quenda 1: 18:00-19:00 h.
Quenda 2: 19:15-20:15 h.
12 prazas por quenda
Inscrición previa a partir do 4 de decembro a través dos formularios da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
Formulario de inscrición quenda 1
Formulario de inscrición quenda 2
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa será admitida nunha única quenda. No caso de inscribirse en ambas quendas, e resultar admitida, asignaráselle praza na quenda que elixise en primeiro lugar.
No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.



