Evento: Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose
luns, 24 novembro, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía na cidade de Ourense. Museo

Tras a boa acollida deste ciclo nos meses anteriores, no mes de novembro o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio.

Nesta ocasión, Francisco Fariña Busto e Eduardo Breogán Nieto Muñíz serán os encargados do relatorio sobre as "Escavacións no Museo Arqueolóxico Provincial". Francisco Fariña foi director deste museo máis de trinta anos, ademais de autor de numerosas publicacións sobre o Museo e a súa colección; Eduardo Breogán Nieto, é xerente de Breogán Arqueoloxía, foi Profesor de Uvigo e arqueólogo do Concello de Celanova, ademais de dirixir as últimas escavacións arqueolóxicas do edificio do Museo. Na charla abordarán a evolución arquitectónica do vello pazo episcopal, desde as súas orixes ata o século XX. Así mesmo, falarán dos resultados das intervencións arqueolóxicas desenvolvidas durante a actual intervención integral das obras que se están realizando nos Pazos, torres e curral do Bispo de Ourense.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

O mes de novembro complétase coas seguintes ponencias:

3 de novembro: Escavacións no patio das Josefinas e xardín do Posío, por Luis Orero Grandal

4 de novembro: Visita guiada ao cemiterio de San Francisco, por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández

10 de novembro: Sepulturas no Ourense tardorromano, por José María Eguileta Franco

17 de novembro: Arte parietal megalítica en Galicia, por Fernando Carrera Ramírez

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: renovación e modernidade
15 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono
1 de outubro a 31 de decembro
Museo Liste Vigo
BibliotecArte: 'O paso da lagoa Estixia' de Joachim Patinir
15 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés