Evento: Día das Bibliotecas 2025
Día das Bibliotecas 2025
Xoves, 23 de outubro: “Cantacontos para bebés”. Pablo Díaz.
Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións.
Duración: 30 minutos.
Venres, 24 de outubro: Xornada de portas abertas: Visitas guiadas ás 12:30 e ás 18:00 h.
Co obxecto de dar a coñecer os servizos, fondos e actividades da biblioteca visitaranse as distintas seccións da biblioteca e levaranse a cabo exemplos de procuras bibliográficas no catálogo automatizado.
Impartido por persoal técnico da biblioteca.
Todos os públicos.
Venres, 24 de outubro:, ás 18.00 h: “O baúl dos soños” ¡La compañía espectacular!
Luna e Soleil son unha simpática parella de trobadores que viaxan polo mundo acompañados do seu Baúl. A súa misión é abrir a porta ao mundo dos soños a través de historias, cancións e un contacto próximo co público.
Idade: a partir de 3 anos.
Duración: 45 minutos.
Sala infantil.
Sábado, 25 de outubro: “Spinderella”. Academia Bastón.
Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada, e se traballarán os valores e emocións que se representan no conto. En cada parte do conto farán pequenas paradas de compresión intentando que os pequenos e pequenas interactúen.
Duración: 50-60 min.
Máis eventos do ciclo Día da Biblioteca


