Evento: 1982: unha crónica cultural

1982: unha crónica cultural
sábado, 11 outubro, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
Espello Vídeo Cine, 1982

A segunda das sesións dedicada ao fondo videográfico de Espello Vídeo Cine centrarase na actividade cultural da cidade da Coruña en 1982. Proxectaranse as seguintes pezas:

 

- Festa da poesía no teatro Rosalía, abril de 1982.

- I concurso de rock, xullo de 1982 (precursor do Noroeste Pop Rock).

- Festival de cine de comedia, outubro de 1982.

 

Tras a proxección haberá un debate moderado polo xornalista Cándido Barral, voz en off e entrevistador en moitos traballos de Espello. Participan no mesmo Nonito Pereira Rey, especialista en música, quen formou parte do xurado dese primeiro concurso de rock; e a investigadora Mar de Santiago, autora da tese ‘A Coruña (1968-1983): a cara culta da cidade transicional’ (USC).

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

La viajera
7 de outubro
Filmoteca de Galicia
El inquilino
7 de outubro
Filmoteca de Galicia
An Injury to One
8 de outubro
Filmoteca de Galicia
A nuestros amores
8 de outubro
Filmoteca de Galicia