Evento: Bagaxe

Bagaxe
domingo, 23 novembro, 2025 - 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire,
Lugo
Espectáculo teatral a cargo de Arturo Cobas Lemas

Hoxe falaremos dun mundo onde as maletas non só conteñen roupa e

obxectos materiais, senon tamen soños e emocións das persoas e ides

coñecer a historia dos porteadores da Bagaxe, os encargados de

manter o equilibrio mundial das emocións: son dous entes que vagan

polo mundo, sempre atentos ás maletas que precisan ser recollidas.

Cada maleta ten a súa propia historia. Algunhas están cheas de soños

de aventura, outras rebosan tristura.

Eso si, eles saben que cando as devolven ao mundo das Bagaxes,

cada emoción atopa o seu lugar e cada soño a súa realización.

Hoxe é o último día do seu traballo, hoxe, a derradeira maleta que

contén todos os vosos desexos, será depositada no mundo da bagaxe!

 

As emocións, vivencias, ilusións, experiencias, en definitiva, a bagaxe da humanidade, está gardada en 60 maletas, custodiadas por un pallaso e unha pallasa.

Arturo Cobas “Nono” e Natalia Outeiro “Pajarito” únense para crear o

espectáculo cómico das súas vidas, onde cada maleta contén unha

sorpresa, unha historia, unha nova aventura por descubrir. Mais, ¿qué

pode sair mal cando se trata dunha combinación tan explosiva como a

de dous artistas coa súa propia bagaxe emocional? Seredes testemuña

dunha viaxe única onde a comedia e a emoción se mesturan nunha

explosión de creatividade... Pero, sempre haberá unha incerteza: ¿qué

acontecerá cando abran a seguinte maleta?

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Matres
MATRES
22 de xaneiro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
o_dragon_de_ouro
O dragón de ouro
23 de xaneiro, 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña
As gardiás
As gardiás
23 de xaneiro, 20:30
Casa da Cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña
Tabú
Tabú
23 de xaneiro, 21:00
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras - Ourense