Evento: Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose
luns, 15 setembro, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía da Alta Idade Media en Galicia

Neste mes de setembro, o MAPOUR retomou o ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas para coñecer o noso patrimonio.

Nesta ocasión, José Carlos Sánchez Pardo será o relator de "Arqueoloxía da Alta Idade Media en Galicia: desmontando o mito dun período escuro". Trátase dunha aproximación aos traballos desenvolvidos nos últimos anos en igrexas, fortificacións, hábitats, etc. da Alta Idade Media en Galicia.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

José Carlos Sánchez Pardo é profesor titular de Arqueoloxía da USC, pertence ao Centro de investigación interuniversitario de los paisajes atlánticos culturales (CISPAC), e membro do grupo Aevum, Idade media e Medievalismos.

O resto do programa do ciclo é o seguinte:

1 de setembro: "Brandomil romano, unha vila no solpor do Imperio", por Jesús Adelino Gorgoso López

8 de setembro: "Denantes mortos que sinxelos: aldeas e campesiñado na transición do mundo romano ao medieval na Galiza", por Carlos Tejerizo García

29 de setembro: "Arqueoloxía municipal en Ourense", por José María Eguileta Franco

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono
1 de outubro a 31 de decembro
Museo Liste Vigo
Portada da publicación da Peza do Mes de decembro do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Cachimba de arxila
1 de decembro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense