Evento: As desterradas

As desterradas
xoves, 23 outubro, 2025 - 21:00
Teatro Principal,
Pontevedra
Espectáculo teatral a cargo de Producións Teatráis Excéntricas

AS DESTERRADAS de CARME VARELA (25º Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais)

No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dúbida en difamalas e ameazadas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas súas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.

A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco luxoso (Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, Belén Constenla e Víctor Mosqueira) dirixidas por Quico Cadaval.

A obra de Carme Varela foi un fenómeno editorial singular. Chegou ás cinco edicións nun ano, insólito para un texto teatral.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A alquimista
15 de novembro, 17:00
Auditorio Municipal Hernán Naval - Ribadeo - Lugo
Güela Güela
15 de novembro, 18:00
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña
Retranca…e maxia
15 de novembro, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
O monstro de cores
15 de novembro, 18:30
Auditorio Pazo da Cultura - Pontevedra - Pontevedra