Evento: C@nto contigo

C@nto contigo
venres, 24 outubro, 2025 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

C@nto contigo

Espectáculo da man de Paco Nogueiras

C@nto contigo é un espectáculo no que Paco Nogueiras fai un percorrido por cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Neste Grandes éxitos hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos. Paco Nogueiras chega acompañado dos seus instrumentos facendo un percorrido por un amplo abano de estilos musicais, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.

C@nto contigo convértese así, nunha oportunidade de cantar con amigos e amigas nun particular concerto onde a música e o humor transformarán a biblioteca nunha festa moi especial onde ti es protagonista. C@nto contigo viaxa alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas! Asi que … colle aire, saca o teu mellor sorriso e … cantemos!

No salón de actos. Para público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos do ciclo Día da Biblioteca

Contiños na biblio, martes 21
21 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
Redondo
23 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
Concerto de Pava dúo
23 de outubro, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Obradoiro de encadernación belga
21 de outubro a 23 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña