Evento: Contos para acabar con algún medo

Contos para acabar con algún medo
sábado, 24 outubro, 2026 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Contos para acabar con algún medo

A cargo de Paula Carballeira

Primeiro temos que saber como é o medo: grande ou pequeno, dos que aparecen cando non hai ninguén ao teu carón, dos que lle gustan a escuridade, dos que prefiren dar sustos… Para cada medo hai un remedio, e mesmo hai remedios que valen para  todos: a risa, a música, a luz, mirar o medo cara a cara, fronte a fronte, directamente aos ollos.

Cando pensamos que perdemos a valentía nalgures, os contos axúdanos a recuperala. Só hai que lembrar o que lles aconteceu ás e aos protagonistas destas historias, non moi lonxe de aquí, non hai moito tempo. 

Público familiar e infantil a partir de 4 anos

Salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Máis eventos do ciclo Día da Biblioteca

Exploradores na Biblioteca
17 de outubro, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
Imaxe
Creación de personaxes e mundos de fantasía
21 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Imaxe
Coñece Compostela: Santiago a través dos ollos de Otero Pedrayo e a súa Guía de Galicia
22 de outubro, 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Celebramos o Día das Bibliotecas
24 de outubro, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense