Evento: Retrato da natureza

Retrato da natureza
xoves, 19 marzo, 2026 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Retrato da natureza

Concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia da temporada 25/26 titulada "Historias".  

Amandine Beyer, directora
Jean-Philippe Rameau: Suite da ópera “Naïs”                                                                    

  • Jean-Marie Leclair: Concerto para violín en La menor núm. 5, Op. 7                                      
  • Georg Muffat: Concerto grosso núm. 12 en Sol maior, “Propitia Sydera”
  • Justin Heinrich Knecht: Sinfonía Pastoral en Sol maior, “O retrato musical da natureza”

CONVERSANDO CON… Amandine Beyer, directoraSala Mozart, 19:45 h
Falecidos ambos en París en 1764, Jean-Philippe Rameau e Jean-Marie Leclair son os piares do Barroco francés tardío. Rameau, inclinado pola música escénica, compuxo Naïs en 1749 para celebrar a Paz de Aquisgrán mentres que o Concerto para violín núm. 5 de Leclair desprega unha elegancia melódica íntima, menos marcial. Georg Muffat foi dos primeiros compositores en especificar como se debía interpretar a súa música; o seu Concerto grosso núm. 12 presenta unha retórica musical de raíz luterana, articulada en afectos contrastantes que evocan poeticamente o seu título “astros propicios”: solemnidade, ímpeto rítmico, lirismo contido e seccións fugadas. Ao contrario que Muffat, Knecht permaneceu case toda a súa en Alemaña. Coetáneo de Haydn e Mozart, a súa Sinfonía Pastoral prefigura a monumental de Beethoven nas súas alusións programáticas.