Evento: Deixa que che conte
Deixa que che conte
Baldur Brönnimann, directorIlse Eerens, soprano
Cometa: Encarga a Inés Badalo. Estrea absolutaHans Abrahamsen: Let me tell you.Piotr Ilich Chaikovski: Sinfonía núm. 1 en Sol menor, Op. 13, TH 24 “Soños de inverno”
Inés Badalo presenta a primeira estrela dun firmamento sonoro co que dezaseis compositores homenaxean a Real Filharmonía de Galicia no seu 30º aniversario e que titulamos Proxecto Cometas. Aberto tamén ao infinito, o ciclo de cancións Let me tell you, do danés Hans Abrahamsen, contén as 481 palabras que Shakespeare pon nos beizos de Ofelia, quen medita poeticamente sobre o fascinio do pasado, do presente e do porvir. Este entresoño enlaza con Soños de inverno, a primeira das sinfonías dun Piotr Ilich Chaikovski de tan só 26 anos. A súa escrita foi esgotadora e tortuosa, acentuada pola difícil relación que Chaikovski tiña co director do Conservatorio de Moscova, Nikolái Rubinstein, insatisfeito coa partitura; cando finalmente se interpretou completa, foi saudada pola crítica como unha grande obra, que só podería ser escrita por un verdadeiro ruso.
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann Sala Mozart, 19:45 h
Coa participación do alumnado da EAEM
Máis eventos de tipo Concerto