Evento: Xuventude Crea: Sara Gimeno + Lontras
Xuventude Crea: Sara Gimeno + Lontras
Como xa é tradición, o escenario de Atardecer no Gaiás acollerá as propostas gañadoras na modalidade de música do certame Xuventude Crea 2024, co que a Xunta de Galicia premia o talento creativo máis novo. O R&B da canguesa Sara Gimeno, que levou o primeiro cos temas Quérote e Dans les rues de Bordeaux; e a fusión de jazz e indietrónica de Lontras (2º premio con Sangue no canal e Peixe no millo) actuarán na praza central.
Atardecer no Gaiás é un ciclo de concertos ao aire libre organizado pola Cidade da Cultura. Gratuito e deseñado para gozar dos solpores de verán en Santiago de Compostela, presenta unha programación musical diversa: rap, neo‑tradicional, pop indie, electrónica e ritmos tropicais, entre outros. Desenvólvese na Praza Central do Gaiás os xoves e venres durante xullo e agosto, comezando ás 21:00 h .
Máis eventos de tipo Concerto