Evento: Unha ollada colectiva contra o esquecemento

Unha ollada colectiva contra o esquecemento
mércores, 18 xuño, 2025 a domingo, 10 agosto, 2025
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

Unha ollada colectiva contra o esquecemento

Mostra final do curso de fotografía participativa

A mostra reúne os traballos realizados no marco dun obradoiro de fotografía participativa con persoas da comarca do Ribeiro, coordinado pola comisaria Sara Garchi. A exposición está composta por fotografías contemporáneas, imaxes de arquivo familiar, obxectos e pezas interactivas que dialogan entre si e co territorio.

Os proxectos expositivos percorren temas como as adegas abandonadas e o papel das mulleres, a figura das curandeiras, a memoria migrante, o cine como espazo de resistencia cultural, a barbería como lugar de encontros, o impacto da construción do embalse de Castrelo e a relación emocional e simbólica co río e coa paisaxe. A través destas historias, a mostra constrúe unha cartografía viva do Ribeiro, feita de afectos, lembranzas e loitas cotiás.

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés