Evento: Rafael Úbeda. Visión retrospectiva

Rafael Úbeda. Visión retrospectiva
martes, 8 abril, 2025 a domingo, 7 setembro, 2025
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Rafael Úbeda. Visión retrospectiva

Rafael Úbeda leva pintando sete décadas. A exposición* Úbeda. Visión retrospectiva* abrangue unha ollada completa da súa traxectoria creativa, afondando nos fitos máis relevantes da súa obra e das pezas represe...

Rafael Úbeda leva pintando sete décadas. A exposición Úbeda. Visión retrospectiva abrangue unha ollada completa da súa traxectoria creativa, afondando nos fitos máis relevantes da súa obra e das pezas representativas que marcaron cada etapa do camiño. 
O artista, logo de sete décadas en activo, representa unha parte da historia da arte que enriquece o patrimonio de Galicia, así como unha das figuras das artes plásticas máis notables en España con conexións en diferentes lugares e escolas de Europa.
Esta mostra supón un relato pictórico que ten en conta as súas etapas vitais, moi vencellada aos lugares nos que habitou (Pontevedra, Madrid, Holanda e Italia). A exposición propicia unha viaxe polo universo e a biografía dun creador que representa un dos nomes principais da pintura galega. Así, o Museo Centro Gaiás reúne nesta mostra 56 pinturas, cinco debuxos e unha peza audiovisual inédita que axuda a comprender a súa evolución.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona