Evento: A segunda opinión médica

A segunda opinión médica
mércores, 26 marzo, 2025 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A segunda opinión médica

Charla organizada pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS

A biblioteca cede o espazo á Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS para realizar a charla “A segunda opinión médica” que está a cargo da xurista e membro da Asociación de Pacientes Rosana Fernández. O dereito a unha segunda opinión médica ten o seu primeiro reflexo normativo na Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade so sistema nacional de saúde. A nivel autonómico o recoñecemento non se producirá ata a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, posteriormente ampliado coa Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestación sanitarias. O Decreto 54/2015, do 12 de marzo, regula amplamente as circunstancias, doenzas, procedementos e trámites que permiten acceder a este dereito. Non obstante, ten pouca incidencia no conxunto dos procesos asistenciais ao quedar circunscrito a 5 tipos de doenzas e ao estar fortemente condicionado polo grave desbordamento e colapso que desde fai anos padece o Servizo Galego de Saúde en ámbitos tan esenciais como as unidades centrais de radioloxía, servizos de traumatoloxía e de cancro.

A capacidade que temos todas as persoas de poder optar a unha segunda opinión médica dentro do Servizo Galego de Saúde non ten practicamente divulgación por parte dos responsables sanitarios, a pesar de que é un instrumento de grande importancia para poñer en valor a autonomía do paciente e o dereito a decidir sobre a nosa saúde previo coñecemento das opcións existentes. O día 26 de marzo do 2025, no Foro do Paciente, abordarémolo a fondo analizando os seus elementos esenciais e as limitacións cos que conta o seu exercicio.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Portada da publicación da Peza do Mes de xaneiro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Letras capitulares
1 de xaneiro a 31 de xaneiro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
BibliotecArte: As fillas de Edward Darley Boit' de John Singer Sargent
12 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A aventura creativa de Anzuelo
6 de febreiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal