Evento: A linguaxe do cómic, existe?

A linguaxe do cómic, existe?
luns, 17 marzo, 2025 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A linguaxe do cómic, existe?

Celebramos o Día do Cómic coa charla-obradoiro de Tomás Guerrero

Celebramos o Día do Cómic coa charla-obradoiro “A linguaxe do cómic, existe?” a cargo do historietista e ilustrador Tomás Guerrero que falará do seu estilo e traxectoria, da linguaxe do cómic e dos elementos que considera necesarios nunha composición. Ademais, realizará análises de páxinas e proporá un exercicio de banda deseñada.

Tomás Guerrero é historietista, ilustrador e character animator. Realizou animación e ilustración para películas, series, documentais, videoxogos e investigación universitaria, como director de arte e ilustrador. Ten oito novelas gráficas publicadas en España e Portugal, poñencias e exposicións da súa obra en Universidades, Museos e Bibliotecas. Actualmente compaxina traballos de animación, ilustración e cómics coa docencia na UNED de Pontevedra e a Escuela de Arte ECO en Santiago de Compostela.

No salón de actos. Para 25 participantes de 12 a 99 anos. As persoas interesadas deben recoller o convite no mostrador de Información dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros de verán no Museo de Bela Artes
Inspirar para crear
7 de xullo a 28 de agosto
Museo de Belas Artes
EmbarrArte - Obradoiro de cerámica - 11 de agosto
11 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense
Escola de maxia co mago Toño
13 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense
Os tesouros do galeón afundido
13 de agosto
Museo Massó