Evento: Blues do País

Blues do País
domingo, 23 marzo, 2025 - 23:30
Laroom,
Ferrol

Bieitta James e Pepe King ofrecen 75 minutos de blues, risas, bailes e moita retranca. A nosa diva rural e o blusmanciño enriba das táboas a bater cos zocos.

Blues. Si, señora, blues de toda a vida. Blues do bo. Blues do país. Do País. Do noso. Do que empeza nos Ancares e chega ata Missouri.

Blues da rotonda e blues on the road. A Route 66 montados nun chimpín con Janis Joplin e Rosalía. Por que non? 

I had a dream! Etta James mariscando en Cabo da Crus. B.B. King nun furancho de Redondela. Castelao e Eric Clapton escribindo Old Men Shouldn't fall in love.

I had a dream! Ottis Redding cun tinto de Barrantes no Berbés, sentadiño a velas pasar. Muddy Waters nun torreiro de Ramirás. Unha zanfona bottle-neck. Uns zocos batendo no chan en New Orleans.

I had a dream! A AP9 convertida en campos de algodón.

I had a dream!! Maruxía a forte marexada con ondas de 3 a 4 na ría de Alabama.

We had a dream

Nós tamén soñar.

 

Galiza e Blues. Somos a mesma carne. O mesmo pelexo branco e negro. Mixilón negro con cuncha branca. Feeling blue, pero nunca choveu que non escampara.

Yeah, beibes!

 

Todo isto e moito máis nun espectáculo que non te deixará regusto a barrantes pero si moitas ganas de ghastar pista!!!!

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Amalia y el río, historia de una estraperlista
16 de xaneiro, 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña
Amalia y el río, historia de una estraperlista
23 de abril, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Amalia y el río, historia de una estraperlista
24 de abril, 21:00
Auditorio Afonso Eanes do Cotón - Negreira - A Coruña