Evento: Faltriqueira

Faltriqueira
venres, 7 marzo, 2025 - 22:30
Club Clavicémbalo,
Lugo

Faltriqueira encarna a corrente máis fresca do panorama xurdido das fontes da música tradicional. Fusionando a polifonía coas percusións e os instrumentos acústicos, este proxecto vocal foxe da ríxida tradición e dota de nova vida a cancións recollidas en Galicia e diversas latitudes.

Este ano Faltriqueira presenta un repertorio renovado que mestura a nosa esencia folclórica con novas influencias. Este novo traballo incluirá cancións inspiradas en textos de Rosalía de Castro e nun dos poemas que Federico García Lorca escribiu en galego, aportando unha sensibilidade única que conecta coa forza e delicadeza da nosa tradición. Estes temas reflicten e honran a esencia das mulleres galegas e as súas vivencias, tanto na esfera familiar coma na artística, e resoan coa voz da terra galega que levamos no noso canto.

En cada tema, celebran o noso cun corazón cheo de orgullo. Mantéñense fieis ás formas e sonoridades galegas, e tamén abren espazo para a evolución e o diálogo co mundo, integrando o máis profundo da nosa tradición coa visión universal que sempre buscan. É un repertorio creado para emocionar e honrar a nosa historia.

Faltriqueira vén de facer unha xira polos Estdos Unidos e ten colaborado en gravacións e concertos con Luar na Lubre, Mike Oldfield, Oskorri, Kepa Junkera ou Víctor Manuel. O seu primeiro traballo, de título homónimo, levounas á portada da revista Folk Roots, referente da música con raíces, e outorgoulles unha gran aceptación entre a crítica especializada, pois foi escollido entre os 10 mellores álbums de 2003 na World Music Charts Europe (lista europea de músicas do mundo).

Neste 2025, a celebración das Letras Galegas dedícase ás pandereteiras, unha ocasión perfecta que a banda, pioneira na recuperación e renovación do folclore galego, aproveitará para agradecer ás mulleres que mantiveron e manteñen viva esta tradición. 

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Jay Doe & The Blues Preachers
9 de maio, 23:30
Laroom - Ferrol - A Coruña
Maraya Zydeco
10 de maio, 22:30
Club Clavicémbalo - Lugo - Lugo
Leria
17 de maio, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña
Ukestra do medio
24 de maio, 20:30
Laroom - Ferrol - A Coruña