Evento: Vampir-Cuadecuc

  • Vampir-Cuadecuc
Vampir-Cuadecuc
sábado, 15 febreiro, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Vampir-Cuadecuc

vampiro, documental, política

Vampir-Cuadecuc é posiblemente o filme chave para entendermos a transición que se produce no campo cinematográfico español desde o período dos «nuevos cines» (permitidos pola administración franquista) cara a prácticas clandestinas, ilegais ou de aberta oposición ao réxime franquista. Consiste nunha filmación a partir da rodaxe do filme comercial El Conde Drácula, de Jesus Franco. Portabella exerce dous tipos de violencia sobre a narrativa estándar: elimina totalmente a cor e substitúe a banda sonora por unha paisaxe de colisións imaxe-son en colaboración con Carles Santos. Filmado provocadoramente en 16 mm e con negativo de son, as tensións entre o branco e o negro favorecen o estraño «materialismo fantasmático» desta análise desveladora dos mecanismos de construción do ilusionismo do cinema narrativo dominante, que ao tempo constitúe unha intervención radical na institución cinematográfica española.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

La novia del pirata
21 de maio
Filmoteca de Galicia
La senda de la esperanza
21 de maio
Filmoteca de Galicia
La senda de la esperanza
22 de maio
Filmoteca de Galicia
La novia del pirata
22 de maio
Filmoteca de Galicia