Evento: La Serrana

La Serrana
sábado, 22 marzo, 2025 - 20:30
Teatro Jofre,
Ferrol
Presentación do novo traballo de Karmento

Karmento é unha artista folclórica manchega que inicia a súa andaina artística no ano 2012, cando decide irse a vivir á illa de Malta. Alí comeza a relacionarse con músicos internacionais e empeza a escribir as cancións que conformarían o seu primeiro álbum Mudanzas. A partir de 2020, cando publica o álbum Este devenir, empeza a situarse como un dos grandes nomes do neofolclore español.

Karmento participou no Benidorm Fest 2023, coa súa canción Quiero duelo, chegado a ser unha das finalistas grazas ao unánime apoio do público. Grazas a este tema tamén conseguiu dous nomeamentos aos Premios MIN. 

Agora Karmento regresa co seu novo álbum La Serrana, a manchega arrinca unha nova etapa na que dá un paso cara a un folclore máis vangardista, pero mantendo o seu máis pura esencia. No álbum, Karmento, inspirada nas mulleres do seu pobo e na súa propia identidade, profunda na súa raíz serrana e propón unha viaxe emocional e narrativa que atravesa a vida e a memoria da súa pertenza.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os Carunchos - Unha gorxa chea de paxaros
10 de maio, 19:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
sobria_e_serena
Sobria e Serena: o chou
10 de maio, 19:00
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra
a_metamorfose
A metamorfose
12 de maio, 12:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo