Evento: As desterradas

As desterradas
venres, 14 marzo, 2025 - 21:00
Teatro Municipal,
Tui
Espectáculo teatral a cargo de Producións Teatrais Excéntricas

No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da hierarquia eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dúbida en difamalas e ameazadas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas suas rotinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.

A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco luxoso (Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, María Costas e Víctor Mosqueira), iluminadas por Laura Iturralde e dirixidas por Quico Cadaval.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O escaparate
28 de novembro, 11:00
Forum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Un deus salvaxe
28 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
TIN
28 de novembro, 20:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña
Insubmisa
28 de novembro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo