Evento: #Influencers

#Influencers
venres, 25 abril, 2025 - 21:00
Salón Teatro,
Lalín
Espectáculos Teatro a cargo de NegroLópez

Sé testemuña do evento do ano, o Elo Mais Influencer Race Spain, un concurso no que diferentes creadores de contido competirán entre sí para demostrar quen é o mellor! En que consistirán as probas? Quen decide os desafíos? A que público vai dirixido? Incógnitas que os nosos influencers deberán enfrontar se non queren arriscarse a perder un só like.

Espectáculo teatral que ofrece unha mirada cómica e reflexiva sobre a cultura que arrodea a creación de contido nas RRSS, tomándoa como un espello no que se reflicte a sociedade contemporánea. Convidamos ao público a cuestionar a súa relación co mundo dixital, tratando temas como o impacto deste na saúde mental, a identidade e a autenticidade, a manipulación, a cultura da cancelación e a aceptación social.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Made in Galiza
13 de xuño, 20:30
Teatro Coliseo Noela - Noia - A Coruña
Reconversión
Reconversión
13 de xuño, 20:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
Levaino!
20 de xuño, 22:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Monstros no camiño
27 de xuño, 19:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra