Evento: Na cerna do son

Na cerna do son
sábado, 15 febreiro, 2025 - 19:00
Auditorio da Casa de Cultura,
Cee
Espectáculo a cargo de Gallaecia Eventos

-Presentamos unha fusión das artes: Danza, música e poesía/narración. 

Proposta multidisciplinar na que recuperamos A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA , fusionando a música do piano, caixón e voz xunto á danza contemporánea de Ricardo Fernández, membro de NOva Galega de Danza e a declamación e narración por parte de Luis Iglesia, actor que actuará como fío conductor do espectáculo onde terá cabida o tema da emigración, onde él recitará poemas e explicará o por qué se realizaba cada canción nun momento determinado como é o caso dos cantos de labor ou os alalás por exemplo.

Esta viaxe farase noutra perspectiva, con arranxos musicais que regalan un concepto  mais moderno da música tradicional. Neles hai elementos musicais que proceden do jazz, do latin, do funky, da balada, recuperando cantos de labor, alalas, cancións tradicionais sen autor...

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O auto do Castromil
25 de maio, 19:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
As desterradas
25 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
Perder a lingua
30 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
O que hai que ver
30 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra