Evento: Peza do mes: Flora descritiva e ilustrada de Galicia

  • Flora descriptiva e ilustrada de Galicia
Peza do mes: Flora descritiva e ilustrada de Galicia
mércores, 13 novembro, 2024 a sábado, 30 novembro, 2024
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Flora descritiva e ilustrada de Galicia

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A presentación pública terá lugar o 13 de novembro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos documentais) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características, cunha descrición pormenorizada, a reflexión sobre as súas funcionalidades, a súa clasificación, nun estudio a cargo, neste caso, de Vicente Rodríguez Gracia.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

XVIII Xornadas da Asociación de Museólogos da Igrexa en España
XVIII Xornadas da Asociación de Museólogos da Igrexa en España
16 de marzo a 18 de marzo
Museo Catedralicio de Santiago de Compostela
Portada da publicación da Peza do Mes de marzo do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Pesas de tear tardorromanas
1 de marzo a 31 de marzo
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro: Gaza un xenocidio televisado
24 de marzo
Biblioteca Pública de Ourense
CULTUREARTE
17 de marzo
Colexio Maior Arosa