Evento: Curtas Agnès Varda

  • Curtas Agnès Varda
Curtas Agnès Varda
xoves, 7 novembro, 2024 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Curtas Agnès Varda

francia, louis aragon, ensaio

Tres curtas da directora francesa Agnès Varda:

7 P., cuis. S. de b... (à saisir) (1984). Despois de ver unha exposición chamada Le Vivant et l’artificiel, ideada en 1984 polo biólogo e artista Louis Bec e coa participación de diversos artistas, no antigo hospicio Saint-Louis de Aviñón, Agnès Varda quixo realizar un filme nese espazo intervido artisticamente. A cineasta define 7 p., cuis., s. de b… (à saisir), un título que alude ironicamente a un anuncio inmobiliario, como un ensaio, considerando que é unha obra especialmente libre: foi configurándose a partir das sensacións, as impresións, as ideas que lle suxería o lugar.

- Elsa la rose (1965). Documental sobre a orixinal parella formada por Louis Aragon e Elsa Triolet. Aragon, ante fotografías do pasado, lembra a xuventude de Elsa, puntuada polos propios comentarios dela. O actor Michel Piccoli recita os poemas de Aragon.

Ydessa, les ours et etc. (2004). Unha visita filmada á colección de fotografías da artista Ydessa Hendeles, exposta en Múnic, reserva moitas sorpresas, recuperacións e descubrimentos.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Las novias del sur
14 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Curtas Elena López Riera
15 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
La hora de la estrella
15 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Programa 1 - Hollis Frampton
16 de xaneiro
Filmoteca de Galicia