Evento: Diverciencia!

Diverciencia!
mércores, 6 novembro, 2024 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Diverciencia!

Obradoiro de experimentos da man de Anias

As experiencias científicas non soamente permiten coñecer o funcionamento dos fenómenos que nos rodean e mellorar a vida das persoas, senón que tamén poden ser moi divertidas!

Este obradoiro ten a finalidade de achegar a ciencia ás persoas máis curiosas a través do descubrimento. Con materiais sinxelos e dun xeito lúdico e cooperativo, as nenas e nenos aprenderán a través da participación e da experimentación o funcionamento de diferentes fenómenos físicos, químicos e científicos.

No salón de actos. Para 15 nenas e nenos de 7 a 12 anos. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Campamento de ciencia e tecnoloxia
31 de agosto a 4 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo
Contamos Historias en Viñetas
1 de setembro a 4 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
Libretas Motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola