Evento: BUDIÑO - NOVO DISCO - XIRA "BRANCA VELA" 2024

BUDIÑO - NOVO DISCO - XIRA "BRANCA VELA" 2024
sábado, 19 outubro, 2024 - 00:00
Praza do Balneario,
Arteixo

BUDIÑO - NOVO DISCO - XIRA "BRANCA VELA" 2024

Espectáculo de Música a cargo de Budiño

O oitavo disco do compositor galego conta cun espectáculo en directo exclusivo que combina o virtuosismo do músico, unha banda de novos talentos e algunhas das mellores voces deste país. Unha gran conxunción de música e baile, do tradicional coa vangarda. Branca Vela é a combinación de ritmos, sons, instrumentos e percusións tradicionais coa electrónica máis revolucionaria. É unha máxima que persegue Budiño dende os seus comezos. É o traballo de produción e composición máis complexo da súa carreira. É a oportunidade única de poder ver xuntos no escenario a grandes referentes da música galega. É, en definitiva, a representación en vivo dunha obra compositiva coral e que promete estar á altura. A experiencia máis sensitiva deste espectáculo é a video creación que acompaña á música de Budiño, unha viaxe visual polas súas novas composicións.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Un deus salvaxe
6 de novembro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Oh, mammi blue!
6 de novembro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Go Home
6 de novembro, 21:00
Teatro Principal - Pontevedra - Pontevedra
Coa cabeza nas nubes
7 de novembro, 20:30
Auditorio Municipal - Cedeira - A Coruña