Evento: CEIB3

CEIB3
venres, 18 outubro, 2024 - 20:00
Auditorio do CCC de Arteixo Manuel Murguía,
Arteixo
Espectáculo de Danza a cargo de Fran Sieira- Compañía de danza

Ceibe afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición e nas súas formas de operar nos diferentes ámbitos cotiás, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade.

Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento.

Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.

Ceibe é unha peza coreográfica de 55 minutos de duración cun elenco de 8 bailadoras e bailadores dirixida polo propio Fran Sieira e acompañado na codirección artística por un experto no seu eido, o bailarín Sergio R. Suárez. O deseño do espazo escénico é de Laura R. Iturralde, a iluminación de Fidel Vázquez, música de MounQup (Camille Hedouin), vestiario de Érica Oubiña e espazo sonoro de Isaac Millán.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Concerto PunkInfantil
18 de abril, 18:00
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña
Gran gala de circo de Pistacatro
18 de abril, 19:00
Auditorio Afonso Eanes do Cotón - Negreira - A Coruña
Un deus salvaxe
Un deus salvaxe
18 de abril, 20:00
Aula Municipal de Cultura - Betanzos - A Coruña
Bagaxe
18 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra