Evento: As damas de Ferrol

As damas de Ferrol
sábado, 25 xaneiro, 2025 - 20:00
Auditorio Municipal ,
Cedeira
Espectáculo teatral a cargo de Teatro do Noroeste

As damas de Ferrol é unha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía debátense por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan. Dúas mulleres incapacitadas... Pero non incapaces. Dúas mulleres que creron inxenuamente no destino que se esperaba de/para elas. Dúas mulleres absolutamente frustradas e culpabilizadas por non acadar un status social, económico e “romántico” que anhelaban e creron merecer, alomenos nalgún momento da súa vida. A frustración e a culpa teñen como resultantes directas a violencia e a ira, unha desesperación que trastorna o xuízo e o sentido da realidade, e, porén, a construción dun universo ou realidade con normas propias que se converte nun inferno. Pero, iso si, nun inferno coñecido. E como marco infinito, tanto físico como mental, tanto real como espiritual, se sitúa Ferrol. Un Ferrol vivido e vivencial, un Ferrol como espazo impreciso, máis interior que externo, que todo o colorea da súa especial personalidade de cidade irrepetible nun país irrepetible no espazo e no tempo, tan irrepetible como inexistente.

Elenco: Mónica Camaño e Casilda Alfaro

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

As formas do amor
As formas do amor
19 de agosto, 21:00
Auditorio Baldomero Cores - Cee - A Coruña
Meu santo
22 de agosto, 22:00
Teatro Coliseo Noela - Noia - A Coruña
Royal
25 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
benquerer
BenQuerer
30 de agosto, 20:30
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña