Evento: Conversas en inglés
Conversas en inglés
A actividade de Conversas en inglés ten por obxectivo a creación dun espazo dirixido
	a persoas entusiastas desta lingua estranxeira. Un lugar onde reunirse e dedicar
	tempo á práctica da lingua inglesa nun ambiente relaxado, tranquilo e de lecer.
	Contaremos cun grupo reducido para participar mediante unha metodoloxía práctica
	e interactiva nunha inmersión natural en inglés para ampliar vocabulario, mellorar a
	expresión e gañar fluidez na comunicación.
Ao tratarse dunha actividade continuada a non asistencia a máis de tres sesións suporá a baixa na actividade
Horario: martes alternos de 19:00 a 20:30 (de outubro a xuño)
Público destinatario: xuvenil e adulto
Inscrición previa na web da biblioteca dende o 11 ao 18 de setembro.
 
   
 


