Evento: Guadi Galego - Síntese Horizonte

Guadi Galego - Síntese Horizonte
domingo, 15 setembro, 2024 - 22:30
Praza Maior,
O Carballiño

Guadi Galego - Síntese Horizonte

Espectáculo de Música a cargo de Guadi Galego

"Será pola roibén que aínda me sinto a salvo" (Antía Otero)

Vou atravesando etapas, dando paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida vivida existiu e persiste en min.

O meu son muda ao longo do traxecto ,como muda o concepto de horizonte ao longo da historia. 

O horizonte foi límite, equilibrio entre o aquí e o máis alá, realidade , ensoñación, espiritualidade, utopía…

Fun aprendendo a desprenderme do establecido con cada disco, con cada espectáculo, ou se cadra dos arquetipos, dos cánones, ou do costume de "categorizar" como esixencia, para así deixarme  ir a novos confíns que me permitan seguir explorando o meu son.

É unha aposta pola propia evolución, aproveitando as posibilidades da sonoridade da banda, crendo na escoita como faro.

Medramos na construcción escénica das cancións e lanzámolas con ese poder transformador da música ao vivo, que nos confirma que seguimos vivas e en constante aprendizaxe.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Chafallas, a vendedora de fume
7 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
La maestra
8 de xuño, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
IN-CERTO
8 de xuño, 19:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Pedro e o lobo
14 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra