Evento: Proxección da película “Encallados” de Alfonso Zarauza

Proxección da película “Encallados” de Alfonso Zarauza
venres, 4 outubro, 2024 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Proxección da película “Encallados” de Alfonso Zarauza

Encallados é un telefilme galego de comedia dirixido por Alfonso Zarauza que se estreou no ano 2013. Foi rodado en branco e negro con formato de 16 mm. Está protagonizado por Xúlio Abonjo, Federico Pérez, Ricardo de Barreiro e Farruco Castromón quen tamén foi produtor executivo. O filme tamén conta coas aparicións especiais de Luís Tosar, Marcos Pereiro e Patricia Vázquez. Nos Premios Mestre Mateo 2013 foi galardoado con tres premios nas categorías de mellor filme para televisión, mellor montaxe e mellor fotografía. Tamén estivo nomeado nas categorías de mellor director para Zarauza e mellor actor para Abonjo.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Marcello, una vita dolce
20 de maio
Filmoteca de Galicia
El tiroteo
20 de maio
Filmoteca de Galicia
La novia del pirata
21 de maio
Filmoteca de Galicia
La senda de la esperanza
21 de maio
Filmoteca de Galicia