Evento: A caza
A caza
O proxecto enmárcase dentro da investigación que a artista leva realizando nos últimos anos sobre os procesos de representación figurativa e a súa descontextualización, unha investigación que pon de manifesto a relativización da idea de mímese e, con iso, as diversas convencións que en cada época e en cada contexto, posibilitan a lectura de códigos concretos en clave representativa.
A caza componse de diversas pezas formadas por imaxes extraídas dos tomos titulados Ciencias naturales y Curiosidades del reino animal, pertencentes á Enciclopedia Bruguera, editada en 1978, a partir das que a artista realiza un traballo de apropiación, descontextualización e condensación de imaxes para construír unha obra que evidencia o cambio da relación entre o home e a natureza nos últimos trinta anos.
Máis eventos de tipo Exposición



