Evento: Oh-Pera!

Oh-Pera!
domingo, 29 novembro, 2026 - 18:00
Teatro Coliseo Noela,
Noia
Espectáculo de circo a cargo de Circo Chosco

OH-PERA trasládanos a un lugar no que todo é posible.
Dúas personaxes que chegan a un lugar baleiro , para enchelo e cambialo todo.
A través da música comezan a suceder un sen fin de situacións diversas.
O xogo, aparece en forma de circo no que o amor, o humor , o risco desenvólvense dunha forma única.
Do mesmo xeito que sería unha película sobre a nosa vida... aquí todo cambia e avanza.
Os escenarios cambian , as emocións evolucionan e as diferentes situacións que ocorren en escena levan a estes personaxes a momentos tan arriscados como divertidos.
Técnicas aéreas, acrobacias e malabar aparecen dunha forma creativamente única , na que o risco é real, na que un escenario baleiro cobra vida e énchese dunha forma nunca vista.

 

Un show innovador, que achega ao público a unha dramaturxia onde os personaxes atravesan situacións realmente divertidas, complexas e que lles leva a un remuiño de emocións que o público vivirá como súas.

Mezcla de teatro, humor e circo, onde o realismo síntese nas técnicas de circo cun risco totalmente real, en canto a equilibrios , acrobacias e técnicas aéreas levadas a cabo dunha forma creativa, única e nunca vista.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

os-dous-de-sempre
Mofa e Befa: Os dous de sempre
5 de novembro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
O sangue das promesas: Incendios
5 de novembro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
a biblioteca galáctica
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica
6 de novembro, 19:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra
Coralinda
6 de novembro, 20:00
Centro Socio Cultural de Abanqueiro - Boiro - A Coruña