Evento: Ruta "Educación sen límites"

  • Actividade para conmemorar o Día Internacional dos Museos
Ruta "Educación sen límites"
martes, 14 maio, 2024 a sábado, 25 maio, 2024
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega),
Santiago de Compostela

Ruta "Educación sen límites"

Actividade para conmemorar o Día Internacional dos Museos do 2024

Do martes 14 ao sábado 25 de maio en horario de apertura do museo, proponse un itinerario autónomo que permite, a través das coleccións do museo, achegarse a algunhas das iniciativas e innovacións que, ao longo da historia da educación en Galicia, permitiron ir transformando un modelo de escola tradicional cheo de exclusións noutro máis integrador.

O percorrido escollido está relacionado co lema que centra este ano a celebración do Día Internacional dos Museos: “Museos para a educación e a investigación”, co que se pretende reflexionar sobre dous dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): Educación de calidade e Industria, innovación e infraestruturas.

A entrada é libre e de balde.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

A Compostela do Reino de Galicia
24 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal