Evento: Ñam

Ñam
domingo, 5 maio, 2024 - 17:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire,
Lugo
Espectáculo de teatro infantil de Caramuxo Teatro

Comer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores productos: porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou do outro lado do mundo.¡A mín encántame o doce!¡Pois eu prefiro o salgado!

Facer unha receta e facela ben, non é tan doado como parece. Hai que ter bos ingredientes, misturalos na orde precisa e con cariño. Dúas persoas ás que lles encanta comer e unha receita. ¿Como saberán esas novas galletas?

"Ñam!" é un espectáculo moi visual, envolvente, que mistura disciplinas como o teatro e a danza, en clave de comedia. Unha proposta creada a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
16 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Bio construción
Bio construción
17 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Dedín, dedín, dedal
17 de abril, 20:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña
Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
17 de abril, 20:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense