Evento: Castelao

Castelao
domingo, 9 febreiro, 2025 - 18:00
Auditorio Municipal,
Vigo
Espectáculo teatral infantil a cargo da compañía Culturactiva

O equipo de Culturactiva, Fina Calleja e Paula Carballeira asumimos con ilusión, respecto e certa responsabilidade levas ás táboas do teatro a figura de Alfonso R. Castelao, posiblemente o maior referente cultural do noso país. Mais tamén comezamos este proxecto coa seguridade de que cómpre realizalo, xa que consideramos imprescindible que o público máis mozo, nomeadamente os rapaces e rapazas de entre 6 e 10 anos coñezan, a través da súa infancia, a vida e obra dun xenio irrepetible.

 

Precisamente aquí radica, ao noso entender, o meirande interese cultural e artístico de Castelao: presentar a figura do autor, debuxante, pintor, dramaturgo, humorista e pensador rianxés ás novas xeracións do teatro galego. E para acadar este obxectivo, valéndonos das ferramentas, xogos e “trucos” do teatro, presentaremos a un Castelao, de 8 anos anos e na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación da audiencia co protagonista da nosa trama.

E para atrapar a este público mozo, propoñemos unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao (Cris Collazo) e a súa nai. E mesmo antes, da man de Baltasara (Mónica Camaño), comezará un percorrido trepidante coa urxencia que a inmediatez da partida garante. Queda pouco tempo, as horas antes de embarcar escorregan entre os dedos e a ausencia do neno da casa familiar faráse notoria para Xoaquina.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A historia de Lumecú
22 de marzo, 12:00
Auditorio Pazo da Cultura - Pontevedra - Pontevedra
A historia de Lumecú
22 de marzo, 17:30
Auditorio Pazo da Cultura - Pontevedra - Pontevedra
Os fabulosos CLEANERS
22 de marzo, 18:00
Auditorio do Centro Cívico Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña
Moby Dick
22 de marzo, 18:00
Casa da Cultura - Burela - Lugo