Evento: Coñece a Biblioteca

Coñece a Biblioteca
luns, 15 xaneiro, 2024 a martes, 30 xaneiro, 2024
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Coñece a Biblioteca

En xaneiro voltan as visitas escolares á Biblioteca Pública de Pontevedra.

O obxectivo é combinar a divulgación do coñecemento e o gusto pola lectura de forma lúdica e interactiva.

 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

 

  • Espertar o interese dos/das nenos/as pola lectura.
  • Divulgar o coñecemento en diferentes materias.
  • Aprender o procedemento de consulta do catálogo da biblioteca.
  • Coñecer a distribución da sala e as seccións nas que se organizan os libros.
  • Utilizar os libros da sala infantil como soporte da actividade.
  • Fomentar a creatividade a través da ilustración

 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

 

  • Realizarase unha visita de 90 minutos de duración coas seguintes actividades:
  • 45 minutos dedicados a coñecer a sala da Biblioteca (a súa distribución, normas, recursos…) a través dunha xincana de probas que permita dar a coñecer o sistema de procura de libros e o coñecemento dos fondos de lectura da sala infantil.
  • 45 minutos para a realización dun obradoiro de ilustración , explorando diferentes técnicas creativas de debuxo.

Traballarase por equipos e, sempre que a dinámica o permita, reservaranse uns minutos finais para a reflexión sobre os coñecementos e habilidades adquiridas.

 

INSCRICIÓN PREVIA A PARTIR DO MARTES, 12 DE DECEMBRO, ÁS 9:00 HORAS NO TELÉFONO 886159249 (de 9 a 14 horas)

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Mulleres de Compostela no século XX
7 de marzo
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal