Evento: Paio e o poder da música

Paio e o poder da música
venres, 26 abril, 2024 - 19:00
Teatro Coliseo Noela,
Noia

Paio e o poder da música

Espectáculo de música a cargo de Oviravai

“Paio e o poder da música” é o novísimo traballo de Oviravai.

Despois do seu primer Libro Cd “As andanzas de Paio” ( Galaxia, 2016) o Teixugo máis querido polas nenas e nenos de Galicia trae novas e emocionantes aventuras.

A sorprendente familia Oviravai, comandada por Roni, Kiki e Chamuco, afronta novos retos nunha trama chea de música, cores e divertidísimas coreografías, e unha vez máis Paio, o teixugo molón, xunto ao seu novo amigo o oso Aurelio lles axudarán aos máis pequenos da casa a aprender e fixar valores fundamentais como o respecto pola natureza, a importancia da reciclaxe ou o amor cara a nosa lingua.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cortello de Amor
7 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Iribarne
Iribarne
8 de maio, 20:00
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra
Gabinete Mirabilia
8 de maio, 20:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña
Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
8 de maio, 20:30
Casa da Cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña